dijous, 27 d’abril del 2017

Exposiciones en la prisión franquista de Lugo


Facebook

Nova

EXPOSICIÓNS NO VELLO CÁRCERE DE LUGO COORDINADAS POR CRISTINA FIAÑO, CLAUDIO RODRÍGUEZ FER E CARMEN BLANCO

Xoves, 27 de abril de 2017 Marcos Franco Vázquez
 
O 28 de abril, ás oito da tarde, no Centro Sociocultural Vello Cárcere de Lugo, inauguraranse as exposicións Da guerra á posguerra, sobre a memoria histórica deste presidio na época franquista, coordinada pola investigadora Cristina Fiaño, quen fixera sobre este proxecto o seu Traballo de Fin de Grao na Facultade de Humanidades lucense, e Vermellas, promovida dende a Universidade de Santiago de Compostela polos escritores Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer.
A exposición Vermellas (Chamábanlles Rojas), sobre as mulleres represaliadas polo fascismo, foi unha iniciativa dos escritores Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, executada en colaboración co Proxecto Nomes e Voces da Universidade de Santiago de Compostela, contando coa contribución artística de Sara Lamas, accesible no enlace http://www.nomesevoces.net/gl/exposicion/vermellas/ Esta xa histórica mostra foi inaugurada por primeira vez na Sala Isaac Díaz Pardo do Campus universitario lucense en 2008 e, tras ser exhibida en Vigo e en Pontevedra, instalouse agora no vello cárcere de Lugo, onde pode contemplarse un amplo panorama de datos e de fotografías elaborado con estrito rigor documental, pero tamén con emocionante xustiza poética.
Nela aparecen intelectuais, mestras, proletarias da cidade e da costa, campesiñas ou guerrilleiras en poemas do libro Ámote vermella de Claudio Rodríguez Fer e en fragmentos da novela Atracción total de Carmen Blanco, combinados en vinte paneis con textos explicativos destes autores e de María Lopo (esta no relativo á actriz exiliada María Casares) e con gráficos do Proxecto Nomes e Voces. Figuran mulleres asasinadas, violadas, maltratadas, rapadas, presas, exiliadas e tamén nais, viúvas e orfas que padeceron con inmensa dor a represión a través do asasinato ou tortura dos seus seres queridos.
A exposición O vello cárcere de Lugo. Da guerra á posguerra, sobre a vida e moitas veces a morte das persoas encarceradas polo franquismo na capital lucense, ten deseño e textos de Cristina Fiaño, precisamente autora da obra O vello cárcere de Lugo (1936-1945) publicada en 2015 nos cadernos Unión Libre, dirixidos por Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, e accesible no enlace http://www.unionlibre.org/artigos/o_vello_carcere.pdf
Esta documentada exposición recolle a historia do edificio e o masivo amoreamento de miles de presos provocado polo golpe de estado de 1936, o que provocou falta de hixiene, proliferación de enfermidades e escaseza de comida. Ademais, este presidio resultou ser a miúdo antesala da morte, pois nel pasaron as súas últimas horas moitas das persoas fusiladas en Lugo. Cristina Fiaño reuniu un gran número de fotografías e de documentos destas vítimas da represión, como as notas que se mandaban entre cela e cela, as cartas escritas a familiares ou os obxectos feitos dentro da propia prisión, que ilustran a penosa experiencia padecida polos prisioneiros e polas prisioneiras do fascismo no vello cárcere lucense. E tampouco falta a poesía galega nesta exposición, representada por exemplo por “Cunetas” de Luís Pimentel, “Longa noite de pedra” de Celso Emilio Ferreiro, “O prisioneiro” de Luz Pozo Garza e varios textos de Claudio Rodríguez Fer, quen escribiu no poema “ Paz para sempre”: “Encarceráronos sen causa. / Xulgáronos sen xustiza”.
A inauguración oficial destas exposicións e doutra artística correrá a cargo da alcaldesa, Lara Méndez; da representante da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, Carmen García-Rodeja; da investigadora Cristina Fiaño, responsable da instalación, e dos escritores Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, quen lerá o seu poema “Pai meu”, así como de parentes de persoas presas, moitas delas fusiladas, durante a Ditadura. Ao día seguinte, 29 de abril, realizarase unha visita guiada ás 12.00 h.



LA VOZ DE GALICIA

A memoria das mulleres

A memoria das mulleres borradas da historia

 
A exposición Vermellas (Chamábanlles Rojas)que se abrirá pasado mañá pola tarde, foi unha iniciativa dos que promovemos a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, executada en colaboración co Proxecto Nomes e Voces da Universidade de Santiago, contando coa contribución artística de Sara Lamas. Esta xa histórica mostra foi inaugurada por primeira vez na Sala Isaac Díaz Pardo do campus universitario lucense en 2008 e, tras ser exhibida en Vigo e en Pontevedra, instalouse agora no vello cárcere de Lugo.
Nela dáse conta, segundo Carmen Blanco, «do extraordinario esforzo persoal realizado polas mulleres máis conscientes durante a II República, moitas delas afiliadas a asociacións progresistas, partidos de esquerda ou sindicatos de clase, paralelo aos avances sociais que potenciaron a súa presenza na vida pública e a afirmación do dereito ao traballo fóra do fogar, así como a ampliación da súa liberdade e dos seus dereitos de cidadanía».
Mais tamén se pon de manifesto, ao dicir de Carmen Blanco, «como o levantamento de 1936 non só interrompeu estes avances, senón de como tratou de exterminar toda independencia de criterio feminina, liquidando, encarcerando ou acosando as mulleres máis significadas ou resistentes, ás veces con sádica violencia sexista».
A maioría das vítimas mortais femininas foron proletarias militantes e familiares de fuxidos, mais tamén pereceron intelectuais comprometidas e mestras politizadas. Agora ben, como digo nos versos do poema Ámote, anarquista, que abren a exposición: «Borráronas da historia e non obstante/ setenta anos despois hai quen as ama».
Así aparecen intelectuais, mestras, proletarias da cidade e da costa, campesiñas ou guerrilleiras en poemas do libro Ámote vermella, do que son autor e en fragmentos da novela Atracción total de Carmen Blanco, combinados en vinte paneis con textos explicativos destes autores e de María Lopo (esta no relativo á actriz exiliada María Casares) e con gráficos do Proxecto Nomes e Voces. Figuran mulleres asasinadas, violadas, maltratadas, rapadas, presas, exiliadas e tamén nais, viúvas e orfas que padeceron con inmensa dor a represión a través do asasinato ou tortura dos seus seres queridos.
Algunhas delas estiveron presas precisamente no cárcere de Lugo, como foi o caso de Consuelo Alonso, humilde vendedora de xornais en Monforte e nai de catro fillos, coñecida como A Comunista, que foi xulgada e fusilada en solitario en 1938, tal como explicou a historiadora María Jesús Souto Blanco. Escribín un poema sobre esta muller, a quen «por quitar quitáronlle/ ata os cabelos da testa», que remata aludindo á súa desaparición da vida e da historia, como tantas persoas pobres das que apenas quedou memoria: «Condenárona soa,/ fusilárona soa,/ enterrárona soa,/ esquecérona soa.../ E aínda lle chaman A Comunista!».
Por todo isto, a exposición Vermellas recupera datos e fotografías con estrito rigor documental, pero tamén con emocionante xustiza poética baixo a premisa destes versos:
Asasináronas,/ mais sempre estarán vivas en nós./Encarceráronas, mais sempre estarán libres en nós./Exiliáronas,/ mais sempre estarán dentro de nós./ Acaláronas,/ mais sempre falarán para nós.



Cinco mil ingresos por causas políticas en la vieja cárcel de Lugo

El penal concebido para 140 reclusos llegó a tener 900 durante el golpe de 1936, según recoge una de las muestras

 
LUGO / LA VOZ 
Tres exposiciones de carácter histórico llenarán de contenido a partir de mañana las celdas de la vieja cárcel de Lugo. En una de ellas refleja que el establecimiento, pensado para 140 reclusos, llegó a albergar a uno 900. Fue durante el golpe de estado de 1936. Desde entonces y hasta finales de 1940, registró más de cinco mil ingresos por motivos políticos, según la historiadora María Jesús Souto. El ir y venir de presos hizo que la vida en la instalación del parque de García Morato, durante la guerra y años después de acabada la misma fuese de total hacinamiento.
Las exposiciones cuyo montaje está finalizando y que fueron presentadas ayer, permitirán conocer que as condiciones higiénicas y la falta de comida convirtieron al establecimiento, ahora dedicado a fines culturales, en algo infernal. La humedad desencadenó enfermedades que acabaron con la vida de muchos internos.Una parte del material guardado por familiares y también en algunos archivos llega a la muestra que lleva por título O vello cárcere de Lugo. Da guerra á posguerra. El libro de memorias escrito por el maestro Gregorio Sanz, las notas intercambiadas por los presos, las cartas que enviaron a sus familiares y objetos elaborados en la cárcel son algunos de los materiales que el público tendrá oportunidad de ver en esta muestra.
Además, una celda individual fue habilitada tal y como era durante la guerra. La muestra se completa con material sonoro y documental con los nombres de los presos políticos que ingresaron en la cárcel y que recogió la investigadora sobre la represión en Lugo, María Jesús Souto.
La concejala de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, dijo que la muestra no quiere ser un discurso cerrado sino un proyecto continuo de lucha. Por eso fue habilitado un correo electrónico para recibir información y material de los interesados en participar. La dirección es: memoriadovellocárcere@gmail.com
En la presentación estuvo la coordinadora de la muestra, Cristina Fiaño. Al amparo de la exposición que preparó surge también la muestra titulada Dende o panóptico: cada cela unha fiestra. Esta reúne una serie de trabajos de 13 artistas.
También se abre Vermellas (Chamábanlles rojas), una iniciativa de los escritores Carmen Blanco y Claudio Rodríguez Fer. Esta muestra se compone de veinte paneles con textos explicativos.
Las dos muestras podrán visitarse gratis hasta e próximo 5 de noviembre. La cárcel cierra los lunes por la tarde. Las visitas guiadas son de 11,30 a 13.30 y de 18,30 a 20,30, mañana; el sábado, de 12 a 18,30 y el lunes, festivo de 11,30 a 13,30. Hay que anotarse en el teléfono 982 297 195.